A clase política basea a súa actividade na representatividade que lle outorga a comunidade na que son elixidos. Defende, polo menos teoricamente, uns principios e unhas actitudes acorde coa vontade das persoas que os elixan como representantes.
Con todo, é difícil cadrar logo a súa actividade, xa non digamos coa vontade ou desexos do electorado senón que mesmo co seu programa, anunciado durante a campaña. As peripecias do quefacer diario trastornan as promesas, ou alteran as prioridades: é frecuente que se produzan incumprimentos ou, simplemente, se apracen "sine die"... quizá debido a unha evidente desconexión entre os votantes e os seus electores
'Tengo una pregunta para Vd...' é unha fórmula presentada como unha alternativa a falla de contacto dos políticos cos seus votantes. Pero ocorrésenos que o procedemento é mellorable. Por iso as preguntas feitas neste 'site' terán unha continuidade, xa que quedan rexistradas, a dispor tanto dos cidadáns que poderán consultalas e comentalas, como dos políticos que has respondan. Ademais serán unha testemuña permanente dos requirimentos formulados ou das respostas recibidas. Así poderen participar con preguntas moita mais xente, ademais de facilitar o seu seguimento e control, xerando un debate mais vivo e eficaz.
Nesta Web recollemos xa máis de cen 'PREGUNTAS', que están a disposición dos seus destinatarios (accesible pulsando sobre el link axeitado) para que poidan contestalas e a disposición tamén doutras persoas que queiran comentalas, aportando a súa visión en cada caso.
Se @s dirixentes políticos se dignan responder, teremos unha constancia da súa actitude e disposición respecto aos problemas que a cidadanía lles presente, e un rexistro das súas respostas e compromisos.
Xa que logo estamos abertos a que calquera persoa poida enviarnos unha pregunta, destinada a calquera membro da clase dirixente. Bastará facelo a nosa conta de correo, indicando a quen vai dirixida, e quen a formula, identificándose da forma que estime máis convinte. A súa inclusión na lista dependerá da dispoñibilidade de espacio.
Pero tamén calquera persoa poderá acceder a ver as preguntas formuladas, e as respostas obtidas, e os comentarios feitos por outras persoas, podendo engadir os comentarios que desexe.
Ademais incluímos outra sección, 'PROPOSTAS A DEBATE', , na que pretendemos recoller ideas ou peticións para, principalmente en tempo de eleccións, informar aos partidos políticos de alternativas de solución a calquera problema común que se lle ocorrese a calquera persoa. Sobre cada unha, os visitantes poderán presentar alternativas, pero tamén poderán votar indicando a valoración que lle dan a proposta.
Tamén está dirixida as candidaturas políticas, que non só poderán incluír as súas propias propostas concretas extraidas dos seus programas, senón que ademais terán a oportunidade de coñecer peticións formuladas polos votantes, e o grao de aceptación que calquera delas ten entre os visitantes.
O proxecto ten outros obxectivos que, pouco a pouco, Xa se inclúe, aínda que non está desenvolvida en toda a súa funcionalidade, outra sección onde rexistrar 'recollidas de firmas' a escritos que nos sexan subministrados.
Para calquera comunicación, dirixirse a adebate@galizia.net, enviando preguntas, propostas, ou calquera outro tipo de información respecto a esta Web.
Pola nosa banda estámonos a pór en contacto cos Partidos Políticos, xa que a súa participación é fundamental .
Tamén estamos pedindo a colaboración dos medios de comunicación, a participar na difusión e facer un seguimento activo de tódalas seccións.